BloGalaxia

ROUTE OF DESERT MAP LOCAL TDT

ROUTE OF DESERT MAP LOCAL TDT
http://www.xunta.es/periodico/tdt.jpg

This blog is fruit of my restlessness before the uncertainty of the future of the digital local TV in Galicia. I hope that some reader participates with his questions and opinions. Este blog é froito da miña inquedanza ante a incerteza do futuro da tv local dixital, especialmente en galicia. Agardo que algún lector participe coas suas opinións.

Monday, May 15, 2006

pacencia, pacencia

Pronto chega o veran (¡ É hora de ir reservando as vacacións!) ...

mentras tanto noutro lugar da Galaxia as cousas van paseniño...

http://www.culturagalega.org/temadia_arquivo.php?id=7835 según o artigo de Cristina Mouriño. Redacción. 17 / 4 / 2006 entrevista a O Director Xeral de Comunicación Audiovisual, Manuel José Fernández (eiquí está só o tramo final da mesma)

No Libro Blanco do Audiovisual aparecía a creación de dúas entidades, un consello do audiovisual galego e un consorcio de exportación. ¿Vanse crear estas figuras ou se van redefinir as que hai ampliando estas funcións?

En primeiro lugar, no tema do Consello do Audiovisual Galego hai un organismo en Galicia que é o consello Asesor do Audiovisual e das Telecomunicacións que acaba de reunirse hai dúas semanas e que funciona, nunha mesa permanente e en grupos de traballo. Temos que ser moi cautos porque xa vimos o que pasou cos consellos audiovisuais en Madrid e Cataluña e por iso haberá que agardar para ver como se ten que desenvolver este órgano e definir as súas funcións. O Consello é un instrumento diferente aos xa existentes, que ten un funcionamento complicado porque agrupa a máis de cen persoas pero xa que o temos constituído veremos o funcionamento e a orientación que se lle vai a dar.Con respecto á exportación o que estamos a facer agora é ver os instrumentos dos que dispomos. O IGAPE ten un papel fundamental da posta en valor do produto en xeral e, por outra banda, hai unha iniciativa que nace no Clúster Audiovisual que é a creación dunha marca “Galicia Audiovisual” . Estamos a ver como podemos organizarnos para exportar o noso produto a través da rede do IGAPE e ver se é posible aglutinar esa idea nunha marca “Galicia Audiovisual”. A filosofía é que xa temos moitos organismos do audiovisual e agora hai que garantir unha coordinación cos órganos especializados que temos. Por outra banda, hai que falar das cousas que quedaron pendentes do último goberno en materia audiovisual como son os concursos para a concesión de frecuencias de radio e televisión dixital.No caso da radio estaban pendentes as dúas convocatorias dixitais, a autonómica e a local. Sobre este tema xa apuntou algo o Secretario Xeral na ultima sesión do Consello Asesor das Telecomunicacións e do Audiovisual no que se propuxo que se declaren desertos os dous concursos. Basicamente porque se veu a demostrar que non hai nin demanda nin mercado para a radio dixital. Foi un pouco precipitado convocar o concurso de radio dixital cando se fixo. Os receptores de radio dixital son carísimos, case non se poden atopar no mercado e, ao contrario que pasa coa televisión, a radio non é unha tecnoloxía substitutiva. É dicir, a radio dixital vai competir coa radio analóxica, coas FM de toda a vida. De feito, a nosa proposta é que en breve se faga un novo concurso para conceder arredor de cen novas licenzas de FM.

“NON ENTRAMOS NO CONCURSO DAS LICENZAS DE TELEVISIÓN DIXITAL TERRESTRE AUTONÓMICA PORQUE A ANTERIOR ADMINISTRACIÓN TOMOU A DECISIÓN RESPECTANDO O PRINCIPIO DE LEGALIDADE”¿E no caso da televisión?

Está en man do Consello da Xunta tomar unha decisión. No seu día xa se propuxera declarar deserto o concurso, pero a decisión do Consello é moito máis crítica por varios factores. En primeiro lugar porque é unha tecnoloxía de substitución (no ano 2010 deberán desaparecer as emisións analóxicas) e é unha oportunidade para desenvolver a televisión local e a municipal. Penso que se está demorando porque o órgano de contratación do Consello da Xunta, antes de tomar unha decisión, estase a asegurar que é a máis axeitada. Nun par de meses, como moito, estará resolto o concurso. ¿E no caso das autonómicas?¿falouse en varias ocasións de que se ían recorrer?Aquí presentouse un recurso de reposición perante o órgano administrativo. Como o recurso se presentou contra unhas concesións que xa estaban feitas cando chegamos, o que se fixo foi publicar a decisión do Consello da Xunta. Polo que eu sei ese recurso non se contestou xa que polos estudos que nós fixemos e polas análises dos xuristas, desde o punto de vista técnico a resolución da Administración anterior estaba ben feita. É dicir, que se fixo con todas as garantías legais. Entón optamos por non entrar neste concurso. Como se esgotou a vía administrativa agora habería a posibilidade de presentar un recurso perante un xuíz e isto non se ten producido.O seu departamento tamén ten competencias en infraestruturas de telecomunicacións. Os indicadores neste campo son bastante desalentadores. ¿Cal é a súa visión da situación actual?Nas grandes cidades do Eixo Atlántico máis as áreas metropolitanas e nas grandes vilas o nivel de acceso á información é semellante ao do resto de Europa. Pero acontece que temos unha distribución xeográfica moi especial e complicada. Para iso hai dous plans, un da Consellaría de Industria que se iniciou no Estado e que se completou aquí cun contrato co operador de cable R. Este proxecto estase a desenvolver cun horizonte 2008-2009 e que supón o achegamento da banda ancha aos núcleos de poboación con máis de 500 unidades inmobiliarias. En paralelo e mentres non chegue esa tecnoloxía, a Dirección Xeral de Comunicación Audiovisual está a desenvolver unha rede que garanta o mínimo necesario que é acceso público á sociedade da información de xeito gratuíto. Agora mesmo temos trece telecentros espallados por toda Galicia coordinados a través do Centro Multimedia de Galicia. O noso obxectivo é chegar a trinta para cubrir a maior parte das comarcas de Galicia. Así Industria chegará as casas e nós á sociedade cunha rede gratuíta de centros que proporcionan acceso a internet e medios para visualizar o audiovisual como salas e equipos. A partir desta rede creáronse unha serie de iniciativas como “Navega” (curso de acceso á rede) ou “Curtas en rede” (un certame para promover o audiovisual en Internet).

12 de maio de 2006 O Consello da Xunta declara deserto o concurso de radio dixital ao considerar que actualmente non existe mercadoO mercado galego aínda non está preparado para a radio dixital. Este foi un dos principais argumentos que esgrimiu o Consello da Xunta para declarar deserto o concurso que convocara o anterior equipo de goberno hai xustamente un ano. Ademais, o presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, anunciou a próxima convocatoria de 100 novas licencia analóxicas por parte do Ministerio de Industria. Por outra banda, Touriño tamén se referiu ao concurso das licenzas de Televisión Dixital Terrestre (TDT) local que confía que se adxudicarán “en breve”.

No comments: