BloGalaxia

ROUTE OF DESERT MAP LOCAL TDT

ROUTE OF DESERT MAP LOCAL TDT
http://www.xunta.es/periodico/tdt.jpg

This blog is fruit of my restlessness before the uncertainty of the future of the digital local TV in Galicia. I hope that some reader participates with his questions and opinions. Este blog é froito da miña inquedanza ante a incerteza do futuro da tv local dixital, especialmente en galicia. Agardo que algún lector participe coas suas opinións.

Monday, May 15, 2006

os galegos somos lacazáns????

Ë que tamén cada un redacta dunha maneira... (ou como cada empresa promociona como pode, e se lle sae gratis -"insultos" que serán sempre recomendacións ou bós consellos- mellor que mellor, xuzgade vos mesmos a noticia....

"O único que non verá o mundial é o lacazán"
Malia que en analóxico só chega ó 55% das casas, laSexta lembra que a maioría dos españois a pode sintonizar coa TDT
REDAC E AXENCIAS . SANTIAGO http://www.galicia-hoxe.com/index_2.php?idMenu=87&idNoticia=41608
José Miguel Contreras, conselleiro delegado de laSexta, presentou onte a cobertura que fará esta cadea do Mundial de Alemaña, nun acto que apadriñaron os madridistas Iker Casas, Sergio Ramos e Cincinho.
Dos 64 partidos do torneo, laSexta ten previsto ofrecer en directo, en exclusiva e gratis 27 partidos da primeira fase, incluídos todos os da selección española e da brasileira, máis outros sete das fases sucesivas e a Gala Final.
Así, todos os días entre o 9 e o 19 de xuño emitiranse tres partidos, ás 15:00, ás 18:00 e ás 21:00 horas, e dous partidos os días 20, 21, 22 e 23 correspondentes á segunda fase do Mundial.
O único que perderá o Mundial será o que queira ou o lacazán que non poña os medios para que o sinal chegue á súa casa", asegurou Contreras para resolver así a polémica sobre a cobertura da cadea. Explicou que, a día de hoxe, a cobertura chega ó 55% da poboación e pretende alcanzar o 80% cando comece o Mundial. En Galicia só se pode sintonizar en analóxico en Ourense. A única forma de conseguir o 100% de cobertura é a través de TDT, o que ten un custo. O resto dos encontros, compartiraos co canal de pago Dixital +.

DÚAS OPCIÓNS
En analóxico, só en certas cidades
laSexta só pode sintonizarse en Madrid, Barcelona, Valencia, Burgos, León, Palencia, Salamanca, Toledo, Guadalaxara, Vitoria, Ourense e Elda.
TDT, tres pasos imprescindibles x
Para ver a TDT hai que comprobar que a zona ten cobertura, comprar un descodificador e adaptar a antena, o que pode custar 1.000 euros.

comentario meu.... así que ide preparanto os 1000 euriños -non sexades lacazáns-. Neste tema haberá novidades e non só La Sexta senón outras canles emitirán sen ter que ir o bar ou facer outro tipo de consumición -tv.de pago... só que de momento La Sexta aproveita o tirón da publicidade gratuíta destas noticias.... E ollo que os decodificadores non todos son iguales...


Pódese comparar esta nova con esta outra...
Preparados para la revolución de la TDT? Xornal Galicia Sábado, 04 Febrero, 2006 - 07:03 PM
http://www.xornalgalicia.com/modules.php?op=modload&name=News&file=article&sid=4445&mode=thread&order=0&thold=0

No comments: