BloGalaxia

ROUTE OF DESERT MAP LOCAL TDT

ROUTE OF DESERT MAP LOCAL TDT
http://www.xunta.es/periodico/tdt.jpg

This blog is fruit of my restlessness before the uncertainty of the future of the digital local TV in Galicia. I hope that some reader participates with his questions and opinions. Este blog é froito da miña inquedanza ante a incerteza do futuro da tv local dixital, especialmente en galicia. Agardo que algún lector participe coas suas opinións.

Thursday, April 06, 2006

Fegamp e TDT

titular:
A FEGAMP e SOLUZIONA prestarán asesoramento tecnolóxico aos concellos de menos de 30.000 habitantes
fecha:
22 de marzo de 2006
A planificación de sistemas de información, a adecuación á Lei de Protección de Datos e o proxecto de Televisión Dixital Terrestre constitúen as tres áreas obxecto de consultaría
A prestación de servizos de consultaría tecnolóxica aos concellos galegos de menos de 30.000 habitantes en condicións moi vantaxosas, cos que se pretende mellorar o acceso á información por parte dos cidadáns, é o obxectivo do convenio asinado hoxe entre o presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias, Xosé Crespo Iglesias, e o director executivo en Galicia da multinacional de servicios texnolóxicos Soluziona, Eduardo Romero Bandeira.
As áreas de obxecto da citada asesoría agrúpanse en torno a tres grandes bloques: a planificación en materia de sistemas de información, a adecuación das entidades locais galegas á Lei Orgánica de Protección de Datos de Carácter Persoal (LOPD) e o despegue da Televisión Dixital Terrestre (TDT) de ámbito local.
PLAN DE SISTEMAS DE INFORMACIÓN
En base ao convenio Soluziona comprométese, baixo petición individual e formal do concello interesado, á elaboración dun Plan de Sistemas de Información no que se faga unha análise da situación actual do municipio afectado, no que se lle dean recomendacións para a unha mellor xestión informática e no que se lle ofreza un catálogo de proxectos e accións a desenvolver neste campo. As necesidades de infraestructuras tecnolóxicas, de recursos humáns o de servizos de información e atención aos cidadáns serán algúsn dos aspectos obxeto de asesoramero neste ámbito.
Ademais, Soluziona poñerá á disposición da Fegamp un servizo de vixilancia tecnolóxica en relación coa implantación de solucións informáticas avanzadas nas entidades locais. Este sistema consistirá na remisión mensual á federación por parte da citada empresa de reseñas correspondentes ás principais noticias, boas prácticas ou eventos que teñan relación coa implantación dos avances tecnolóxicos ou coa prestación de servizos telemáticos ao cidadán por parte dos poderes locais españois. Deste xeito, a Fegamp poderá ofrecer este servizo aos concellos a través da súa páxina web.
ADECUACIÓN Á LEI DE PROTECCIÓN DE DATOS
A segunda área de actuación que inclúe o convenio da Fegamp con Soluziona é a que fai referencia as actuacións a seguir por parte das entidades locais para lograr adecuarse a Lei Orgánica de Protección de Datos de Carácter Persoal (LOPD). Para este fin, a empresa consultora desenvolverá para cada un dos
municipios que llo soliciten un Diagnóstico e Plan de Acción para a adecuación á LOPD. Neste apartado se analizará o grado de adaptación á normativa de aspectos coma a xestión de usuarios e contraseñas, seguridade en accesos dende o exterior, ficheiros de datos persoais ou xestión de copias de seguridade, entre moitos outros.
Adicionalmente Soluziona elaborará, para uso exclusivo por parte da Fegamp e dos seus asociados, unha Guía Sectorial de Adecuación á LOPD para pequenos e medianos concellos que incluirá unha descrición xeral sobre a normativa aplicable e os principais pasos a seguir para que as entidades locais se adecúen a ela.
ASESORÍA NO PROXECTO DE TDT
O terceiro bloque que abrangue o convenio é o referente á prestación de servizos de asesoría integral para o despegue de proxectos de implantación da Televisión Dixital Terrestre (TDT) de ámbito local. Os servizos incluen dende a tramitación administrtaiva para a súa posta en marcha e asesoramento sobre infraseatructuras e sistemas necesarios ata a elaboración do plan de negocio, estudio de viabilidade económica ou diseño de contidos e programación.
A maiores, a empresa comprométese a facilitar a Fegamp un Servizo de Información aos concellos en relación coa TDT local, que inclue unha recompilación das preguntas máis habituais, a difusión de noticias e publicacións relacionadas coa TDT, especificamente coa de ámbito local e de maneira particular coa súa xestión directa, e un resumo das experiencias que sexan de interese para os poderes locais. A federación colgará na súa web información acerca destes aspectos.
Para máis información:
Inma VilariñoComunicación FEGAMP
http://www.soluziona.es/htdocs/global/comunicacion/notas_prensa/2006/Marzo/np_soluzionav2.shtml
http://www.fegamp.org/asp/nfContenido.asp?idIdioma=2&int1=88

No comments: